O Noso Deporte

II Fase de Categoría Rexional de patinaxe e Probas de Acceso

O sábado 18 e domingo 19 de maio estivemos en Boiro participando na II Fase de Categoría Rexional e nas Probas de Acceso.

Estamos moi orgullosas de todas as nosas patinadoras que defenderon os seus programas nun pavillón da Cachada ateigado de xente durante as dúas xornadas. Parabéns para todas.

Felicidades especialmente a Marta Prado polo máis que merecido 2º posto na categoría rexional cadete de 1º ano e a Sara Domínguez polo ascenso á categoría nacional alevín.