O sábado 18 de maio e o domingo 19 de maio o CPA BRIÓN participou na II Fase de Categoría Rexional celebrada no Pavillón Polideportivo A Cachada en Boiro.
Cuerpo: O sábado 18 e domingo 19 de maio celebrouse a II Fase de Categoría Rexional no Pavillón Polideportivo A Cachada. A este Campionato acudiron 5 das nosas patinadoras. Todas elas defenderon as súas coreografías estupendamente obtendo moi bos resultados, unha boa recompensa a tantos meses de traballo.
Os resultados foron os seguintes:
- Icía López – Categoría Infantil 4º clasificada
- Paula Andrade – Categoría Alevín 7º clasificada
- María Blanco – Categoría Alevín 9º clasificada
- Flavia Rodríguez – Categoría Alevín 10º clasificada
- Andrea Rodríguez – Categoría Cadete 3º clasificada
Queremos dar as gracias ás compañeiras, pais/nais/familiares e amigxs polo seu apoio e ánimos durante toda a competición e tamén aos nosos patrocinadores e ao Concello de Brión pola súa axuda.