O sábado 11 de maio o CPA BRIÓN participou no II Campionato CPA TEO celebrado no Pavillón dos Tilos.
A este Campionato acudiron 11 das nosas patinadoras. Todas elas defenderon a súa coreografía estupendamente e 6 delas conseguiron subirse o podium, unha boa recompensa a tantos meses de traballo.
Os resultados foron os seguintes:
- Laura Caramés 3ª clasificada Nivel 0
- Ainhoa Crespo 3ª clasificada Nivel I
- Naiara Antelo 2ª clasificada Nivel I
- Alba García 1ª clasificada Nivel II
- Nuria Rodríguez 14ª clasificada Nivel II
- Carla García 5ª clasificada Nivel III
- Marta Carril 15ª clasificada Nivel III
- Yaisa Lago 1ª clasificada Nivel IV
- Daniella Carbajales 10ª clasificada Nivel IV
- Paula Martínez 1ª clasificada Nivel V
- Adriana Álvarez 12ª clasificada Nivel VI
Queremos dar as gracias ás compañeiras, pais/nais/familiares e amigxs polo seu apoio e ánimos durante toda a competición e tamén aos nosos patrocinadores e ao Concello de Brión pola súa axuda.