- IV Trofeo Internacional Concello de Vigo
- II Trofeo Salvaterra Milenaria
O pasado 13 de abril o noso club acudiu o IV Trofeo Internacional Concello de Vigo co grupo de Show Promocional e a súa coreografía «LYCANTRHOPOS» coa que conseguiu proclamarse campión de entre 22 equipos galegos e de outras comunidades.
As patinadoras, adestradas por Natis e Andrea, obtiveron unha puntuación de 76,20 puntos, realizando unha magnífica execución e interpretación da coreografía.
Este sábado 27 de abril acudiron o II Trofeo Salvaterra Milenaria en Salvaterra de Miño onde volveron conseguir a primeira posición coa coreografía «LYCANTRHOPOS» e por primeira vez presentaron o seu Cuarteto de Secundaria coa coreografía «MAXIA» coa que conseguiron a 5º posición, competindo con cuartetos de categoría nacional e quedando a só un punto do segundo clasificado.