O Noso Deporte

O Prebenxamín B pasa á final de Copa

O Xuvenil B tamén superou rolda na Copa do Sar

Unha vez rematadas a maioría das ligas, os conxuntos da base da SD Compostela introducíronse na disputa das súas respectivas copas, con sorte dispar. O Prebenxamín B pasa á final de copa,
sendo o máis afortunado ata o momento, mentres que o Xuvenil B foi o outro conxunto que superou rolda.

En primeiro lugar, o Xuvenil A, na penúltima cita da liga, empatou 1-1 ante o Atlético Coruña Montañeros, o seu predecesor na táboa. Yago Recarey puxo aos branquiazuis por diante no 76, pero os coruñeses empataron seis máis tarde. Pola súa banda, o Xuvenil B superou o venres ás Escolas Deportivas de Vedra por 0-4 nos dezaseisavos da Copa do Sar. Os nosos coáronse nas oitavos grazas ao dobrete de Marcos Andrade e os goles de Juan Amigo e José Carlos Claro.

Peor sorte tivo o Cadete B, que a pesar de igualar 2-2 co La Salle, caeu nos penaltis pola mínima, quedando eliminado da Copa de Santiago. Iago Fernández e Gorka Madariaga puxeron o encontro
moi de cara para os nosos, pero os visitantes conseguiron igualar na segunda metade. Desde o punto fatídico, a eliminatoria decidiuse co único erro dos branquiazuis.

Igualmente, o Infantil A non puido superar a primeira rolda da Copa do Sar; nela caeu por 4-1 ante o todopoderoso ED Xuventude Oroso. Antonio Otero adiantou aos santiagueses aos vinte minutos, pero a sorpresa durou pouco no luminoso. O Alevín de fútbol 11 tampouco puido sumar nada positivo esta xornada tras caer por 2-4 ante o Manuel Peleteiro.

A mellor noticia da fin de semana chegou entón coa clasificación para a final da Copa de Santiago do Prebenxamín B, capaz de superar ao CD Conxo na volta das semifinais. Tralo empate da ida, os branquiazuis venceron en Santa Isabel, agardando ao rival que sairá do duelo entre o Amio e o ED Santiago.

Por último, o Biberón de fútbol 8 caeu ante o Victoria FC, líder do seu grupo, na sétima xornada do seu campionato.