O sábado 27 de abril o Club Patín Oroso participou no Trofeo Nacional de Patinaje Artístico Ciudad De Gijón, organizado polo Club Sobre Ruedas Gijón Patinaje Artístico a quen lle agradecemos a invitación.
Era a primeira vez que o noso club competía fóra de Galicia e as nosas nenas non defradauron, conseguindo 9 pódiums de 11 posibles. Os resultados foron os seguintes:
- Noa Méndez: 1ª Benxamín B
- Carmen Calvelo: 3ª Alevín B
- Paula Mosquera: 2ª Infantil B
- María Rodríguez: 5ª Infantil B
- Marta Prado: 1ª Cadete B
- María Romero: 2ª Cadete B
- Raquel Manteiga: 3ª Xuvenil B
- Sara Domínguez: 2ª Alevín Nacional
- Leire Loureiro: 3ª Alevín Nacional
- Sara González: 4ª Infantil Nacional
- Sara Prado: 2ª Cadete Nacional
- Nerea Manteiga: Unha lesión de última hora non lle permitiu competir. Mandámoslle un bico moi grande e que se recupere axiña.
Foi unha experiencia inolvidable, unha gran fin de semana na que as nenas amosaron en todo momento a súa educación, compañeirismo e saber estar, e donde todos o pasamos xenial. Grazas ao Concello de Oroso pola súa inestimable colaboración nesta aventura. Grazas ás adestradoras María, Laura e Sara por facelo posible. Grazas a Chus polo impecable traballo de organización de toda a viaxe e pola reportaxe gráfica.
PARABÉNS A TOD@S!!!”