O Noso Deporte

IV Trofeo Internacional Concello de Vigo

A pasada fin de semana o grupo de show grande do Patín Oroso inauguraba a tempada participando no Trofeo Internacional Concello de Vigo.

O grupo formado por 14 patinadoras (Flor, Andrea, Noelia, Noa Blanco, Estela, María Pérez, María Romero, Celia, Daniela, Marta Prado, Sara Prado, Sara González, Aldara e María Rodríguez) e adestrado por Maria Eiras Dominguez, Miriam Novio Fernandez e Lau Saavedra, representou a coreografía La Casa de Papel, e acadou un meritorio 2º posto. Parabéns a todos: patinadoras, adestradoras e familiares. Grazas a todos os que nos viñestes animar e ao CONCELLO DE OROSO pola súa colaboración.

Felicidades a todos os participantes. Seguimos traballando!!!