Os de Teo non puideron gañar, desta vez contra os vigueses TRASNOS BC
Segundo partido de Liga para os senior que tampouco puderon gañar esta vez como Home Club.
A xornada discurreu con mellor tempo do previsto, choveu unha vez terminado e jxogo, e houbo numeroso público tanto desprazado dende Vigo como do club teense.
O partido abreuno Ismael Ferrotti e mantivo un bo desempeño dende a loma para deixar a quinta entrada con un tanteo de 1-6 para Trasnos. Juan Carlos Lamadrid foi o encargado de pechala quinta entada sacando o último out.(ainda que non apareceu na anotación).
Ismael enfrentou a 28 bateadores, permitindo 6 carreiras (todas limpas), recibindo 8 hits, dando 3 bases e un golpeado.
Relevou Miguel Bermudez na sexta, relevou Yago Dosil no último out da sétima e Diego Monteagudo pechou a oitava e o xogo.
Tanto a Miguel como a Yago lles costou dominar a bola dando 4 e 5 bases respectivamente enfrentando a 14 e 8 bateadores. Ambos recibiron 4 carreiras nos seus turnos.
Diego cpechou perfecto a última entrada cedendo so un hit e sen recibir carreira.
Bo desempeño xeral do equipo na defensiva a pesar das 4 carreiras onde tan o se cometeron 2 erros.
Na parte ofensiva de novo Os Tilos non estivo á altura. Menos ponches que ante El LLano, pero so 4 xogadores conectaron hit. (Juan Carlos, Diego, Max e Miguel).
Destacar principalmente a Max Contreras que logrou a única carrera cun home run no seu primeiro turno. Logrou 2 hits e unha base nos seus 4 turnos. Bo traballo tamén para Juan Carlos Lamadrid que se logrou a base 3 veces por imparables nos seus 4 turnos.
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Total | ||
Trasnos | 3 | 0 | 1 | 0 | 2 | 0 | 4 | 4 | 14 | ||
Os Tilos | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 |