
Presentamos unha nova categoría deportiva no noso portal grazas á colaboración do Club Balonmán Ribadosar que nos envían unha presentación de tódalas súas formacións.
Campión de Copa Federación Zona Norte o Ribadosar Táboa Asesores.
O equipo Santiagués de balonmán “Ribadosar Táboa Asesores”, cadete masculino de 2ª división galega, proclamouse campión de Copa Federación a pasada semana.
O Equipo tivo unha evolución moi boa, tanto a nivel de xogo coma de resultados. Empezamos a liga de menos a mais, con moito compromiso por parte de todos os membros do equipo.
Os rapaces do Ribadosar nesta Copa Federación deron un espectáculo de xogo gañando 9 partidos de 10 todos eles con un resultado moi folgado.
O equipo “Ribadosar Amancio Deportes” categoría xuvenil masculino 2ª división galega, tamén tivo unha boa tempada a pesar das baixas durante toda a tempada. Os resultados non acompañaron, perdendo moitos partidos pola mínima. Na primeira fase de liga quedaron de terceiros clasificados e na copa de cuartos.
En Infantil o equipo “Ribadosar Level Fabrics” xogou moi duro dende o principio de tempada acadando o segundo posto da liga, clasificándose así para xogar o campionato Norte postos de 1 a 8.
En dito campionato acadaron o sexto posto.
O infantil masculino “Ribadosar.es” e o infantil feminino “Ribadosar IF” están xogando a Copa Delegación, os dous equipos están tendo unha evolución boísima. A dia de hoxe están na táboa clasificatoria de segundos.
Por outra banda os equipos benxamíns “Ribadosar Alca Omega”, “Ribadosar Alca Épsilon” e os alevíns “Ribadosar.es” e “Ribadosar Alca” están a divertirse moito e mellorando día a día, medíndose cos distintos equipos da provincia cada quince días.
O 27 de abril facemos en Santiago a derradeira concentración de mini Balonmán desta tempada no pavillón Cardeal Quiroga Palacios.