O Noso Deporte

Recepción no Concello de Santiago ao Club X. R. Viravolta

O mércores 6 de febreiro, a nosa entidade, Club X. R. Viravolta, foi recibida no salón noble do Pazo de Raxoi polo Exmo. Alcalde D. Martiño Noriega Sánchez

Tamén participaron a Concelleira de deportes, Dª Noa Morales Sánchez, e as concelleiras DªGoretti Sanmartín Rei e Dª María José Corral López nesta recepción pola súa participación no “Campionato Nacional Conxuntos Base” e na “Copa España Individual Base”, así como polo esforzo e éxitos acadados na última tempada.

En representación do club, asistiron as ximnastas de alto nivel: Natalia Hermo Antelo, Paula Fernández Fernández, Lucía Iglesias Míguez, Cristina Mato López e Nicole Mendoca da Silva que conforman o conxunto cadete ; Minia Grela Caxade, Inés Sánchez Berrocal, Alicia Carmona Núñez, Celia Caamaño Mato e Nuría Martínez García, que conforman o conxunto infantil; as ximnastas individuais Alba Varela Ponte, Silvia Pena Penas e Candela Negreira Arnejo e a presidenta do club, Wendy Rey París.

O club deu unhas palabras de agradecemento ó Concello de Santiago polo seu apoio a deportes minoritarios como é a ximnasia rítmica. Ademais aproveitou para dar as gracias a todas e todos as e os ximnastas e socios/as do club que traballan no día a día por mellorar, e a JAEL JOYERÍA, patrocinador oficial co que se organiza un dos campionatos con mellores referencias en Galicia, traendo consigo a élite da ximnasia rítmica nacional a capital.

Grazas a todos e todas, e en especial o Concello de Santiago por facer que a rítmica siga medrando nesta cidade!