O Noso Deporte

Viaxa co Monbus Obradoiro

Prezado amigo obradoirista:

Despois da vitoria deste domingo ante o Morabanc Andorra no Fontes do Sar o equipo comeza unha nova semana de adestramentos para afrontar o choque do vindeiro sábado, ás 18:00 horas, fronte ao Montakit Fuenlabrada.

Os nosos necesitan o teu apoio tamén nos partidos como visitante. Por iso, o club organiza unha viaxe para que vós, os afeccionados poidades acudir a Fuenlabrada para gozar deste encontro.

A saída do autobús será o propio día de partido, o sábado 12, ás 08:00 horas (AM) desde a porta principal de acceso ao Multiusos Fontes do Sar, e o regreso á conclusión do encontro.

Os membros das peñas poderán mercar o seu pack de entrada e viaxe por 19€; os abonados, accionistas ou Amigos da Fundación Heracles por 24€; e o resto do público por 29€. Todos aqueles que se fagan con este pack de entrada e viaxe levarán de agasallo unha invitación en Tribuna 2 para o partido ante Unicaja (20 de xaneiro).

Se estás interesado podes inscribirte ata o xoves 10 de xaneiro, ás 20:00 horas, nas oficinas do club ou mediante o correo electrónico abonados@obradoirocab.com, co nome e apelidos, data de nacemento, teléfono de contacto, número de abonado de ser o caso e xustificante do pago á conta ES92-2080-0375-1130-4001-6453.

Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto. No caso de que o adulto que os acompañe non sexa o pai ou a nai deberá entregar ao club unha autorización asinada por un dos pais especificando quen será o adulto que viaxe e responsabilícese do menor.

A viaxe realizarase sempre que se cubra o número mínimo de prazas.

Un saúdo

OBRADOIRO CAB