Etiquetas de Mautic

Nota de prensa da Gala do Álbum da Costa

Este venres 21 de decembro tivo lugar na Casa da Cultura de Vimianzo a presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa 2018/2019. Unha iniciativa pioneira e única no fútbol modesto galego, que reúne nunha soa publicación co simbolismo dun álbum de cromos, todo o Fútbol da Costa.

Os presentes puideron facerse cos primeiros cromos e dende xa toda a veciñanza da Costa da Morte poderá mercalos en máis de 20 puntos de venta repartidos pola bisbarra.

A Gala serviu de punto de encontro para o fútbol costeiro, e como presentación da nova «fichaxe» xalleira da Directiva da Real Federación Galega de Fútbol. Rafael Louzán, presidente da RFGF aproveitou para facer a presentación oficial de Silvia Cancela, que será a voz do Fútbol costeiro no ente federativo.

Antes, o Alcalde de Vimianzo Manuel Antelo, daba a benvida, e o representante de Quepasanacosta (promotor da iniciativa xunto coa empresa viguesa Sportcrom) facía a exposición de motivos polos que un diario dixital se lanza a esta aventura, co único interese de seguir vetebrando, como fai dende hai 11 anos, a Costa da Morte a través do Deporte. O fotógrafo do álbum, David Castro, contou algunha das batallas vividas cos equipos durante a «rodaxe» do mesmo.

Tamén tiveron voz ás grandes novidades deste encicoplédico álbum, como foron as capitanas do Bergantiños Feminino e o cadro muradán das Miúdas; emais ao colectivo arbitral (falou o subdelegado Vítor Recarei), a gran figura da gala foi Augusto César Lendoiro. O ex presidente de toda a familia branquazul repasou, entrevistado pola xornalista zaseira Mónica Martínez, a súa infancia na vila de Corcubión, e tocou numerosos temas de actualidade, ademais de falar con naturalidade da súa xa superada enfermidade.

A cita rematou cuns pinchos gracias ao Concello de Vimianzo, e coa posibilidade de facerse cos primeiros cromos!!