O Noso Deporte

II Campus de Nadal SD Compostela

O segundo Campus de Nadal da SD Compostela terá lugar o próximo mes de xaneiro no pavillón do CEIP Monte dos Postes.

Destinado a cativos e cativas de 4 a 11 anos, esta nova edición celebrarase do 2 ao 4, en xornada partida, malia que existe a posibilidade de escoller solo medio día.

Para inscribirse, os interesados deben cubrir a súa solicitude nas oficinas do club, ou ben envíandolle un mail ao correo sdcompostela@sdcompostela.com ou ben chamando á oficina no teléfono 981 57 70 41. O prazo para apuntarse remata o vindeiro 26 de decembro.

Os prezos para mañá e tarde son os seguintes: Xeral 90€; abonados/as ou fillos/as de abonados/as 70€; irmás/áns de inscritas/os 70€; e canteira do club 60€.

Mentres, para a media xornada: Xeral 50€; abonados/as ou fillos/as de abonados/as 45€; irmás/áns de inscritas/os 45€; e canteira do club 40€.

Os horarios do Campus serán de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, con posibilidade de levalos antes ou recollelos despois, para axudar á conciliación familiar. A maiores, aquelas/es que o desexen poden contratar tamén a comida, que se realizará na Cafetería Lois, no Centro Comercial As Cancelas, a 7€ día.