
Tamén irá o conxunto cadete, que participou fora de concurso porque unha nena do conxunto non puido asistir; aínda así, obtiveron a terceira mellor nota na súa categoría.
O sábado 6 de outubro celebrouse o “Campionato Galego de Conxuntos” e a “Copa Individual Base”, onde as nosas ximnastas se xogaban o pase ao “Campionato Nacional Conxuntos Base e Copa Individual” que se celebrará en Murcia do 7-11 de novembro.
O conxunto alevín (Alicia, Minia, María, Nuria e Celia) consegue proclamarse campión galego; o conxunto cadete (Lucía, Natalia, Paula, Nicole, Candela e Cristina), que participou fora do concurso pola falta dunha ximnasta, consegue a terceira mellor nota na súa categoría. Os dous conxuntos conseguen o seu billete para o Campionato Nacional.
Na sesión de tarde, Alba Varela, Candela Negreira e Silvia Pena realizaron moi bos exercicios, Silvia acadou o terceiro posto e Candela o cuarto, ambas entran na clasificación do Campionato de España; Alba acada o séptimo posto.
Parabéns a todas elas e forza para seguir traballando e prepararando as dúas citas nacionais máis esperadas: Campionato Nacional e Euskalgym!
Resultados:
- OURO Conxunto Alevín.
- 3 clasificada Silvia Pena.
- 4 clasificada Candela Negreira.
- 7 clasificada Alba Varela.
- 3 mellor nota conxunto cadete (fora de concurso).







