Na xornada de mañá competiu o conxunto alevín, ximnastas que acadaron o título de subcampioas galegas en xuño deste ano; e Alex Parajó, que se inicia esta tempada na competición individual masculina.
Na xornada de tarde foi o turno para os conxuntos cadetes, Candela Negreira, Alba Varela, Silvia Pena e Martín Casal (actual Campión Galego de nivel Promoción). Todos e todas eles/elas amosaron un gran traballo e paixón por este deporte. Seguirán traballando para as citas máis importantes que se celebran en outubro: Campionato Galego clasificatorio para o Campionato Nacional.
Os resultados destacados foron o bronce de Martín Casal e do conxunto alevín, e a cuarta plaza para o conxunto cadete, Alex Parajó e Candela Negreira.
Os grupos de iniciación para inscribirse este curso está aberto. Todos e todas aquelas que desexen poderán solicitar unha proba no clubviravoltasantiago@gmail.com



























